Os Servizos Centrais inaugúranse como Punto Violeta
O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), no seu compromiso contra a violencia de xénero celebrou o pasado 12 de marzo a inauguración dos Puntos Violeta instalados nas Oficinas de Emprego e Prestacións da Comunidade de Madrid, da Dirección Provincial de Madrid e dos Servizos Centrais do noso Organismo.
No acto interviñeron Francisco Martín Aguirre, delegado do Goberno na Comunidade de Madrid, e Gerardo Gutiérrez Ardoy, director xeral do SEPE, quen clausurou o mesmo.
Contouse igualmente coa presenza de Pilar Trindade Núñez, subdelegada do Goberno, e de parte do equipo directivo do SEPE, con Aurora Diz Monxe, subdirectora xeral de Recursos e Organización, María Antonia Agudo Riaza, subdirectora xeral de Relacións Institucionais e Asistencia Xurídica e Ricardo Custa García, director provincial de Madrid.
O SEPE involúcrase na loita contra a violencia de xénero, un problema estrutural que require dun compromiso firme do conxunto de administracións e de toda a sociedade, adheríndose a esta rede de Puntos Violeta.
Que é un Punto Violeta?
Un punto violeta é un lugar seguro para as vítimas de violencia machista no que serán atendidas, apoiadas e acompañadas. Nestes puntos coñecen os servizos de axuda para as vítimas de violencia machista.
Pódese saber cando un lugar é punto violeta mirando se na porta hai un adhesivo cun distintivo redondo violeta como este:
O punto violeta é un instrumento promovido polo Ministerio de Igualdade para implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero e a violencia machista e estender, de forma masiva, a información necesaria para saber como actuar ante un caso de violencia contra as mulleres.
Esta ferramenta forma parte do catálogo de medidas urxentes do Plan de Mellora e Modernización impulsado por distintos ministerios do Goberno de España no contexto de alarma machista dos últimos meses e supón un cambio de enfoque nas políticas públicas de atención ás vítimas, situando a violencia machista como un problema estrutural que require da implicación do conxunto da sociedade para acabar con ela.
Obxectivos
- Implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero.
- Achegar os servizos integrais ás vítimas a través da súa contorna.
- Facilitar información sobre cómo actuar ante un caso de violencia de género a establecimientos, entidades, empresas, organismos públicos.
Ferramentas do Punto Violeta
O Punto Violeta (Punto Violeta - Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero), pon a disposición ferramentas que permiten dar unha atención integral no espazo público:
Guía Punto Violeta para actuar fronte á Violencia Machista: unha guía con información sobre como actuar ante un caso de violencia machista da túa contorna, así como con recursos para as propias vítimas. Tamén inclúe información sobre que é a violencia machista, as súas diferentes manifestacións, e como detectala.
Materiais para establecementos, entidades, empresas, organismos públicos: carteis e adhesivos cun código QR vinculado a Guíaa Punto Violeta para actuar fronte á Violencia Machista, que teñen como obxectivo sinalar que ese espazo é un lugar seguro para as vítimas, onde poden recibir información e acompañamento se o necesitan.
Distintivos para identificar a persoas implicadas na loita contra a violencia machista: calquera persoa que o utilice representará unha porta de acceso para as mulleres vítimas aos recursos que estas necesiten.
Accede á guía completa a través da seguinte ligazón: Guía Punto Violeta