Queres traballar en Disneyland París?

A Red EURES España publicou unha convocatoria para a selección de actores e bailaríns que queiran traballar en Disneyland París nos espectáculos Disney e Marvel Universe.

recurso

As probas realizaranse o próximo 15 de marzo a partir das 9 horas en Barcelona, en Seven Dance, rúa Perill, 10. (Metro Verdaguer ou Proximidades Graza/Provença).

Búscanse actores creativos, con enerxía e cunha boa forma física para representar aos personaxes de Disney e Marvel, e bailaríns formados no estilos de jazz e de danza clásica, con experiencia en traballos en escenario. A estatura dos candidatos debe estar comprendida entre os 1,37 e 1,93 metros.

Contratos de catro ou seis meses

A oferta de emprego é con contratos de catro e de seis meses de duración, con oferta de aloxamento e de acordo con as normas de contratación en Francia.

Para participar nas probas hai que visitar a páxina web DisneyAuditions.com e facer click en “My Profile”; crear ou usar un perfil que xa teñamos e reservar a túa proba. O día da proba, a partir das 9 horas, distribuiranse os horarios de adicións que se prolongarán ata non máis tarde das 18 horas. Non é necesario que os candidatos teñan preparado ningún material ou peza artística.